A terceira entrega de Gears of War chegará en setembro

mércores, 23 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os lanzamentos que chegarán no que resta de ano á Xbox 360 continúan a ser unha incógnita en boa medida, pero finalmente sabemos a data de lanzamento dun dos títulos que máis forza vai ter, Gears of War 3, que finalmente porase á venda o 20 de setembro a nivel mundial, aínda que en breve Epic Games abrirá unha beta multi-xogador da vindeira aventura de Marcus Fénix e compañía. O xogo está a ser desenvolvido coa última versión do Unreal Engine 3 e contará con servidores dedicados, polo que espérase que estea á altura do que agardan os seareiros desta impresionante saga.
Nun principio agardábase que o xogo chegase ás tendas en primavera coma o resto de entregas desta franquía, e os rumores apuntan a que Gears of War 3 tería unha data fixada no outono para dar deixar un oco antes do Nadal para a chegada dun rumoreado remake do orixinal Halo: Combat Evolved, que o 15 de novembro cumprirá 10 anos, polo que sería un momento ideal para retomar esta historia á que tanto deben as consolas de videoxogos de Microsoft.
O primeiro Gears of War chegou ao mercado en 2006, acumulando esta saga máis de 12 millóns de copias, e chegando ao seu capítulo final nesta terceira entrega.

O regreso de Marcus Fénix á Xbox 360 queda fixado no 20 de setembro
Agárdase que en breve bote a andar a beta multi-xogador de Gears of War 3
Marcus Fénix volve a converterse o peor pesadelo dos Locust

PUBLICIDADE