A tenda de Xbox inicia un novo período de rebaixas

xoves, 22 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Chegou a conta atrás para o remate do ano a tenda dixital de Xbox, e celébrano con 19 días de ofertas que inclúen a centos de xogos e contidos audiovisuais, dos que son os principais beneficiarios os usuarios dunha Xbox One, xa que poden facerse con moitos xogos de Xbox One e Xbox 360 a prezos especiais, facilitando engordar o seu catálogo de xogos xusto nun momento do ano no que é doado que teñan un tempo de lecer adicional para poder gozar dos mesmos.
Dende hoxe e até o día 28 hai unha serie de ofertas que inclúe ofertas de xogos de Xbox One como Dark Souls III a 35 euros, Dishonored 2 a 45,55 euros, Final Fantasy XV a 52,49 euros, Gears of War 4 a 29,25 euros, Metal Gear Solid V: The Phantom Pain a 15 euros, ReCore a 19,99 euros, Titanfall 2 a 35 euros, Battlefield 1 a 41,99 euros, Contrast a 5 euros ou Assassin’s Creed: Syndicate a 16 euros así como, por exemplo, Red Dead Redemption de Xbox 360 a só 14,99 euros (os prezos indicados inclúen o 10% de desconto adicional para usuarios Gold); oferta que renovarase con outros xogos o 29 de decembro.
Dentro destas ofertas tamén teremos, dende hoxe e até o 31 de decembro, unha oferta diaria, que comeza coa cativadora aventura episódica Life Is Strange, que en vez de custar 19,99 euros pode adquirirse por 5 euros, o que é unha oportunidade magnífica para facerse cun títulos que moitos consideran imprescindible, e que non é moi coñecido polo grande público por non pertencer a un xénero moi popular.

Life Is Strange ofrece unha aventura contada por episodios que por 5 euros é unha auténtica ganga

PUBLICIDADE