A tecnoloxÃa de telepresenza de Google integra tradución de voz
martes, 20 de maio do 2025
Google presentou no Google I/O de 2021 un proxecto coñecido polo nome clave de Starline que buscaba ofrecer solucións de telepresenza a través dunha especie de fiestra máxica que permitÃa realizar videoconferencias con sensación de profundidade para que os interlocutores cheguen a esquecer que a persoa coa que están a comunicarse non está ao outro lado da mesa, senón en calquera outro curruncho do mundo.
O ano pasado volveron falar desta tecnoloxÃa, asegurando que HP Ãa convertela nun produto comercial, pero esta colaboración non está a resultar todo o áxil que caberÃa esperar, e na actual edición do Google I/O repiten que en poucas semanas poderÃa chegar ás empresas este tecnoloxÃa, pero cun nome diferente: Google Beam.
Dende Google aseguran que esta plataforma renovada tira proveito da intelixencia artificial para conseguir modelos de vÃdeo volumétrico, conseguindo que o vÃdeo en 2D poida percibirse totalmente en 3D dende calquera perspectiva, conseguindo un grande realismo nas videoconferencias, facilitando asà que poidan ser máis naturais e intuitivas.
Unha das grandes vantaxes desta tecnoloxÃa serÃa a posibilidade de integrarse cunha tecnoloxÃa de tradución de voz case en tempo real, mantendo a voz, o ton e as expresións, conseguindo asà unhas conversas máis auténticas entre persoas que falan distintos idiomas, que se comuniquen a través de Google Meet (que está a probar actualmente a tradución entre inglés e español para subscritores de Google AI Pro e Ultra).
VÃdeo de demostración da tecnoloxÃa de Google Beam con tradución de voz