A tecnoloxÃa de LG facilita a creación de estudios de produción virtuais compactos
venres, 7 de febreiro do 2025
Nos últimos anos a produción audiovisual virtual non para de avanzar, sendo cada vez máis accesible, e como boa mostra dixo temos a LG, que na súa sede en Nova Jersey vén de estrear o seu Estudio de Produción Virtual de última xeración integrando pantallas LED que cobren as parede do espazo para facilitar a creación de contidos inmersivos, económicos e flexibles.
Para complementar estas pantallas teñen un controlador Megapixel HELIOS e as solucións de seguimento de cámara e servidor de Mo-Sys Engineering (un dos principais provedores de solucións de produción virtual e robótica para cámaras).
Este estudio integra de forma fluÃda as pantallas LED e os controladores coa tecnoloxÃa XR de Mo-Sys para crear unha solución XR completa, e grazas ao controlador HELIOS permite que múltiples usuarios operen a plataforma de seguimento de cámara en tempo real sen precisar de software adicional.
Esta solución supón unha mellora na eficiencia da produción ao reducir os tempos de construción dos decorados, conseguÃndose asà unha maior flexibilidade creativa, un incremento da produción de contidos e un aforro de custos; e tamén reduce a necesidade de certas rodaxes en localizacións reais.
O Estudio de Produción Virtual de LG dispón dunha pantalla de 7,6 metros, composta por dúas grandes pantallas Micro LED Direct View LG MAGNIT Studio Series LBAG015-G3 colocadas nun ángulo de 90 graos, que ocupan un espazo duns 93 metros cadrados (bastante inferior a un estudio convencional). Conséguese reducir o espazo grazas a utilizar pantallas cunha distancia de paso dos pÃxeles de só 1,5 milÃmetros, reducindo a distancia necesaria para impedir que se vexan os pÃxeles soltos.