A tableta Samsung Galaxy Tab S5e aposta pola versatilidade e a elegancia
venres, 15 de febreiro do 2019
Anticipándose á celebración do Samsung Unpacked do vindeiro
dÃa 20, Samsung Electronics anunciou hoxe a súa nova tableta Galaxy Tab S5e,
que co seu deseño lixeiro e delgado quere ser un trebello que achegue unha gran
experiencia á hora de consumir contido de xeito inmersivo na súa pantalla Super
AMOLED de 10,5 polgadas (cunha proporción de 16:10) sen que o usuario teña que
preocuparse pola autonomÃa (xa que pode aguantar até 14,5 horas reproducindo vÃdeo).
A nova tableta de Samsung ten un corpo metálico de só 5,5 milÃmetros de grosor
e 400 gramos de peso, e estará dispoñible a partires de abril en cor prata,
negra e ouro. Conta con catro altofalantes de AKG con tecnoloxÃa estéreo de rotación
automática e Dolby Atmos, conseguindo un son potente e envolvente.
Integra o asistente virtual Bixby 2.0, recoñecemento facial, lector de pegadas
dixitais no botón de acendido e non só serÃa un bo produto para o lecer, senón
que tamén poderÃa ser moi interesante para traballar, xa que en combinación cun
teclado e con Samsung DeX poderÃa empregarse a tableta coma se fose un
ordenador. Permite sincronizar chamadas cun smartphone con Android 9, de xeito
podemos atender chamadas e mensaxes de texto directamente dende a tableta.
A Samsung Galaxy Tab S5e poderá adquirirse en dous modelos diferentes: un con 4
GB de RAM e 64 GB de almacenamento e outro con 6 GB de RAM e 128 GB de capacidade.
O almacenamento pode ampliarse mediante tarxetas microSD de até 512 GB. Ten
cámaras de 13 e 8 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, GPS e baterÃa de 7.040 mAh
con carga rápida por USB-C.
- O deseño da Galaxy Tab S5e é un dos seus puntos fortes
VÃdeo de presentación da tableta Galaxy Tab S5e