A tableta HP Stream 7 ofértase con 3 meses de Wuaki Selection por só 129 euros

luns, 10 de novembro do 2014 Marcus Fernández

A tenda en liña de Microsoft está a aceptar a reserva da nova tableta HP Stream 7 na chamada edición Signatura que software de seguridade informática que non caduca, á vez que carece de aplicacións de proba e outro software integrado polo seu fabricante, permitindo así un uso máis rápido, limpo e seguro do dispostivo que por tempo limitado inclúe 3 meses do servizo de streaming Wuaki Selection (valorado en 6,99 euros/mes). O máis rechamante deste dispositivo que pode comportarse como un ordenador completo é que só custa 129 euros.
Este equipo que sairá á venda o vindeiro día 17 funciona cun procesador Intel Atom Z3735G de 4 núcleos a 1,33 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSD, pantalla IP de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, micro USB 2.0, cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles, Wi-Fi N (con Miracast), Bluetooth, batería de 3.000 mAh (cunha autonomía dunhas 8 horas), un grosor de 9,90 milímetros e un peso de 353,8 gramos, que véndese con Windows 8.1 e unha subscrición anual de Office 365 (que inclúe 60 minutos de chamadas ao mes a través de Skype e 1 Tb de almacenamento en OneDrive que vai de camiño a converterse nun almacenamento ilimitado na nube).

O HP Stream 7 preséntase como unha tableta de pequenas dimensións, grande versatilidade e prezo moi axustado

PUBLICIDADE