A tableta Chuwi Hi12 sorprende polo seu grande tamaño e funcionar con Windows 10 e Android
mércores, 27 de xaneiro do 2016
É difÃcil que un fabricante chinés de tabletas que non sexa
Xiaomi consiga expectación ante un lanzamento, pero Chuwi conseguiu facer tal
coa súa Hi12, que mañá verá a
luz nunha conferencia de prensa, aÃnda que non se espera ningunha sorpresa,
xa que este trebello que que funciona con Windows 10 e Android 5.1 (conta con
arranque dual) xa ten as súas especificacións publicadas dende hai semanas e
incluso hai tendas en liña que aceptan reservas, polo que só falta que comece a
súa distribución para atender unha previsible alta demanda.
Cal é o interese da Chuwi
Hi12? Pois resulta que esta tableta de 0,89 centÃmetros de grosor e 852
gramos de peso opta por contar cunha pantalla IPS de 12 polgadas cunha
resolución de 2.160 x 1.440 pÃxeles, o que resulta moi atractivo para os que
busquen facerse cun iPad Pro polo seu factor de forma, pero vexan como é
posible adquirir un dispositivo semellante pola terceira parte do seu prezo, e
contando cunhas prestacións bastante aceptables.
A Chuwi Hi12 conta cun procesador Intel Atom X5 Z8300 de catro núcleos a 1,44
GHz, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
de até 64 GB), cámaras de 5 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth, saÃda micro HDMI,
conectores USB 2.0 e 3.0 (permitindo incluso a conexión dun disco duro externo,
algo que a meirande parte das tabletas non son quen de facer por non achegar
enerxÃa dabondo a través dos seus portos USB), e unha baterÃa de 11.000 mAh
(suficiente para reproducir vÃdeo durante unhas 4 horas, e que para un uso
combinado poderÃa chegar até 6-8 horas). Tamén conta cun porto para o uso dunha
base con teclado que previsiblemente acompañará a esta tableta como accesorio
no seu lanzamento (para permitir utilizar a tableta como un ordenador
portátil).
AÃnda que o prezo de referencia desta tableta serÃa de 299 dólares, xa hai tendas en liña que
a ofrecen a 249,99 dólares (229 euros) polo que estamos ante un produto moi
atractivo para os que buscan un equipo que case consiga replicar a experiencia
de lectura dunha revista en papel (polo tamaño da súa pantalla) e que poida
funcionar ás veces como un ordenador portátil completo.
- A Chuwi Hi12 semella un bo produto para uso ofimático e o lecer