A sucesora da Xbox 360 poderÃa multiplicar por 6 a súa potencia
mércores 25 de xaneiro do 2012, por |
As consolas de videoxogos domésticas están estancadas na
actual xeración no que parece responder á conxuntura económica máis que a
motivos técnicos, de aà que aÃnda non se anunciaran as sucesoras da PlayStation
3 e da Xbox 360, pero esta última poderÃa ser a primeira consola de alta
definición en ter relevo, que está a coñecerse de xeito informal como Xbox 720,
e da que non paran de filtrarse detalles que poderÃan confirmarse na vindeira
edición do E3.
A Xbox 720 poderÃa chegar ás tendas no outono de 2013, e polo que se comenta, contarÃa
cunha potencia 6 veces superior á Xbox 360, operando cunha gráfica baseada
na serie 7000 de AMD, agardándose que durante o vindeiro verán os
desenvolvedores comecen a recibir os kits para poder comezar a facer xogos para
a futura consola.
Tamén están a aparecer rumores que apuntan a que a Xbox 720 poderÃa
incluÃr lector de discos Blu-ray, o que serÃa toda unha sorpresa, por ter
rexeitado Microsoft tal formato en numerosas ocasións, aÃnda que tamén serÃa
razoable dende o punto de vista de que crear un novo soporte fÃsico de alta
capacidade serÃa bastante ridÃculo nun momento no que están a proliferar as
plataformas de descarga.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com


















