A segunda entrega do Geometry Wars Reto Evolved sae á luz este verán

mércores, 16 de xullo do 2008 Raquel Noya

Activision Publising e Microsoft veñen de anunciar hoxe o agardado Geometry Wars: Retro Evolved 2 para Xbox LIVE Arcade, un videoxogo de “gran éxito” (en verbas dos seus responsables) que traslada ó xogador a un emocionante viaxe por seis modos diferentes de xogo.
O Geometry Wars, que sairá este verán ao mercado mediante o servizo de descargas de Xbox LIVE Arcade, ten unha cualificación para tódolos públicos (segundo PEGI) e ofrece as mesmas batallas e os gráficos que fixeron famosa á versión orixinal, máis desta volta, cunha nova banda sonora e modos multixogador que permiten tanto xogar en cooperatividade como de xeito enfrontado a un máximo de catro xogadores.

PUBLICIDADE