A secuela de Rock Band chegará aos EE.UU. en setembro
martes, 1 de xullo do 2008
Cando
o xogo musical Rock Band aÃnda non se
vende en España dende Harmonix xa anuncian que en setembro chegará aos
Estados Unidos unha secuela para Xbox 360 (e máis adiante para PS3 e
Nintendo Wii), descoñecéndose
aÃnda cando chegará ao mercado europeo (o que indigna aos seguidores
destes xogos, que se senten moi maltratados pola polÃtica de lanzamentos desta
saga).
O tÃtulo do novo xogo será Rock Band 2:
The Opening Act e nun principio xa aseguran que o novo tÃtulo será
compatible cos accesorios e cancións que os usuarios teñan adquirido coa
anterior entrega (que xa superaran os 15 millóns de descargada) e a mediados de
mes se poderán coñecer máis detalles do xogo co gallo da feira E3.
Rock Band 2 chegará nun momento no
que se terá que bater coa competencia de Guitar
Hero: World Tour, polo que deberá incorporar innovacións que melloren a
experiencia de xogo neste tipo de tÃtulos.