A saga de Streets of Rage terá unha cuarta entrega

luns, 27 de agosto do 2018 Marcus Fernández

O anuncio de que en 2019 teremos secuela de Windjammers marcou un camiño que semella que DotEmu vai percorrer en moitas máis ocasións, xa que hoxe anunciou que Lizardcube (responsables de Wonder Boy: The Dragon’s Trap) e Guard Crush Games están a traballar en Street of Rage 4, ou sexa, que a triloxía que SEGA lanzou na primeira metade dos anos 90 terá secuela, recuperando a súa clásica mecánica de beat’em up pero amosando uns gráficos debuxados a man para que poida lucir ben en equipos actuais.
Streets of Rage 4 estreará novas mecánicas, unha historia totalmente nova e unha manchea de novos escenarios que percorrer en solitario ou acompañado por un amigo para repartir golpes aos delincuentes que atoparemos no noso camiño.
Polo momento non adiantaron a data na que este xogo verá a luz, pero resulta prometedor ver como están a recuperarse vellas franquías de máquinas recreativas conservando o seu espírito clásico, pero dándolles un acabado digno de pantallas de alta definición.

Street of Rage 4 manterá un corte clásico pero introducirá novas mecánicas

Tráiler de presentación de Streets of Rage 4

PUBLICIDADE