A saga de Sonic volve en capítulos descargables

xoves, 4 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Unha das imaxes do xogo adiantadas por SegaOnline

SEGA desvelou o que agochaban tras o nome de Proxecto Needlemouse, que resultou ser a estrea dentro dos xogos descargables do ourizo cacho da compañía: Sonic the Hedgehog 4 Episode I.
Estamos ante un título que lanzarán no verán a través do Bazar de Xbox LIVE, PlayStation Network e WiiWare, que retomará a fórmula dos clásicos xogos de Sonic en dúas dimensións, afastándose dos últimos xogos do ourizo azul, que foron un fracaso estrepitoso, polo que agardan que o regreso ás raíces renovando os seus gráficos á alta definición (agás na Wii) tradúzanse na recuperación da maltratada mascota de SEGA, no que promete ser o inicio dunha saga.
Como vén a ser habitual, Sonic deberá enfrontarse ao doutor Robotnik, e cómpre destacar que, pese a estar ante un xogo cunha mecánica 2D, presentará uns gráficos tridimensionais, o que parece querer adaptarse aos gustos actuais, pois os gráficos pixelados das primeiras entregas da saga poderían non ser atinados para un xogo novo, pois este título non sería un dos remakes que chegaron nos últimos anos, senón que continuará as aventuras do ourizo máis rápido do mundo.


Vídeo de presentación do novo xogo de Sonic

PUBLICIDADE