A pulseira Jawbone UP chega a Europa estreando aplicación para Android

mércores, 20 de marzo do 2013 Marcus Fernández

A pulseira Jawbone UP está dispoñible en 3 talles e varias cores

Para fomentar a actividade física proliferan os dispositivos que contribúen a medila, facilitando marcarse retos, e convertendo a vida saudable nun xogo, e nesta liña Jawbone anuncia a dispoñibilidade a partir de hoxe da aplicación de Android para a súa pulseira UP, que axuda ao usuario a coñecer mellor a súa actividade mentres durme, móvese e come, e como interactúan estas actividades a través de estatísticas que facilitan a comprensión dos datos rexistrados, e comprobar así se acadamos as metas fixadas.
A aplicación de UP para iPhone tamén actualizouse incorporando 11 novas linguas e estando dispoñibles en 25 países adicionais, deixando claro o desembarco europea do accesorio de Jawbone deseñado para a vida diaria.
O Jawbone UP chegará en breve ás tendas europeas (Amazon prevé a súa dispoñibilidade o vindeiro día 27 a un prezo de 99,99 libras esterlinas, mentres que a propia Jawbone ofrécea xa vía web por 129,99 euros) en 3 talles distintas, cunha batería recargable cunha autonomía de ata 10 días de uso e sensor de movemento, interface de uso baseada nun único botón, dobre LED e motor vibrador para notificacións.

As aplicacións móbiles deste accesorio facilitan a consulta das súas estatísticas




Vídeo de presentación da pulseira Jawbone UP

PUBLICIDADE