A pulseira Garmin vÃvofit 4 asegura ter unha autonomÃa de máis dun ano
martes, 26 de decembro do 2017
Garmin
presenta
hoxe a súa nova pulseira de actividade, a vÃvofit 4, que presume dunha
autonomÃa superior a un ano cunha única carga, á vez que tamén conta cunha
pantalla en cor sempre acesa e lexible baixo a luz do sol, á que vez que tamén
é apta para levar na ducha ou en actividades acuáticas, converténdose nun accesorio
apto para levar a todas horas.
Temos asà un trebello que pode empregarse como reloxo de pulso (amosando incluso
a predición meteorolóxica dun xeito básico), permite a configuración de alarmas,
a realización de contas atrás e incluso facilita a localización do noso
smartphone, de xeito que convértese nun elemento práctico para o dÃa a dÃa, e
non só un sistema de motivación para manter unha maior actividade fÃsica.
A pulseira sincronÃzase periodicamente con Garmin Connect e permite gardar,
programar e compartir as nosas actividades ou participar en desafÃos. Coa
función Move IQ tamén detecta automaticamente a actividade (camiñar, correr, ir
en bicicleta, nadar...) e a clasifica por tipo en Garmin Connect.
As pulseiras Garmin VÃvofit 4 chegan estes
dÃas ás tendas a un prezo de 79,99 euros e en varias cores e tamaños e a
primeiros do ano que vén será posible mercar tamén distintas correas para mudar
a estética ao sensor de actividade.
VÃdeo promocional da Garmin vÃvofit 4