A película de acción real de As Bolas Máxicas chegará acompañada por un xogo para PSP

martes, 20 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O salto á pantalla grande da xa mítica serie de televisión As Bolas Máxicas está a ser moi polémico por non respectar o espírito do manga creado por Akira Toriyama, e a súa conversión ao videoxogo parece que será igual de lamentable, pois publicáronse imaxes do que será o xogo de Dragonball Evolution, que por fortuna só chegará para a PSP, e se tratará dun xogo de loita con gráficos que parecen imitar aos modelados de Tekken pero cos personaxes da película, o que a algún lembrará ao nefasto videoxogo Street Fighter The Movie (lembrado coma un dos peores títulos do xénero).
Habitualmente os xogos baseados en películas teñen un nivel de calidade reducido debido ao seu rápido desenvolvemento (se fan en menos da metade de tempo que outros xogos, polo que é habitual que reciclen os motores doutros xogos para poder entregarse a tempo) e todo apunta a que o xogo que adaptará a película que poderemos ver nos cines o vindeiro 8 de abril non será unha excepción.
O xogo chegará ás tendas no mes de abril (sen concretarse aínda o día do seu lanzamento).

Os gráficos de Dragonball Evolution para PSP lembran á saga Tekken, aínda que cun nivel de calidade moi inferior

PUBLICIDADE