A nova película dos Transformers estrea videoxogo para múltiples plataformas

venres, 24 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Adiantándose á estrea cinematográfica da semana que vén, chega hoxe ás tendas españolas o xogo Transformers: El Lado Oscuro de la Luna, título de Activision desenvolvido por High Moon Studios ambientado no mundo da película de Paramount Pictures, pero ofrecendo unha historia orixinal que serven de prólogo da película dirixida por Michael Bay.
Este novo xogo dos Transformers conta tanto como un modo historia para un xogador como un modo multixogador no que poderemos controlar practicamente a calquera dos robots orixinarios do planeta Cybertron. Tamén destaca unha nova mecánica chamada Stealth Force na que achégase unha posibilidade de transformación instantánea a un estado híbrido que combina a potencia das armas do modo robot coa axilidade e manobrabilidade do novo vehículo.

No xogo haberá que descubrir os malvados plans de Megatrón

Aínda que ao ser un xogo baseado nunha película non se pode esperar moito de Transformers: El Lado Oscuro de la Luna, estamos ante un título que aproba tecnicamente e satisfará a seareiros dos personaxes de Hasbro, aínda que ten unha factura inferior á do seu predecesor, Transformers: War for Cybertron, entrega desenvolvida polo mesmo estudo que sorprendeu a moitos por ser o que podería considerarse como o primeiro xogo de calidade desta franquía.
O xogo desenvolvido por High Moon Studios terá versión para Xbox 360 e PlayStation 3, aínda que Activision tamén distribuirá versións para Nintendo 3DS, Wii e Nintendo DS baseados na mesma película e desenvolvidos por Behavior Interactiva, polo que distarán moito dos seus irmáns maiores, limitándose a ser meras explotacións da franquía cinematográfica.

PUBLICIDADE