A nova entrega de SSX conservará a mecánica de xogo clásica

xoves, 7 de abril do 2011 Marcus Fernández

Electronic Arts anunciou a finais do ano pasado o xogo SSX: Deadly Descents, que chegaría a primeiros de 2012 a PlayStation 3, Xbox 360 e PC, trasladando unha intensa experiencia da práctica do snowboard, o que levou ao director creativo do xogo, Todd Batty, a anunciar que cambiaban o seu título a simplemente SSX porque os descensos mortais só serán un dos 3 tipos de xogabilidades desta nova entrega dunha saga que naceu no ano 2000 na PlayStation 2 (saltando a distintas plataformas tanto domésticas como portátiles durante os seguintes anos).
Batty destacou que o estilo clásico de SSX seguirá presente no novo xogo, confirmando tamén que o xogo fará uso da tecnoloxía de animacións empregada na saga Fight Night e gozará dunha xogabilidade fluída, para o que inspiráronse en xogos como Trials HD.

PUBLICIDADE