A mascota de SEGA renovarase en Sonic Boom

venres, 7 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Os afeccionados ao ourizo azul de SEGA, Sonic the Hedgehog, están de parabéns, pois parece que este clásico personaxe vai conseguir volver a despuntar grazas ao seu novo universo titulado Sonic Boom, no que Sonic e os seus amigos estrearán unha nova aparencia, que poderemos ver tanto na primeira serie de televisión xerada por ordenador do personaxe como bonecos e nos novos xogos que veremos para Wii U e Nintendo 3DS.
Os deseños de cadanseu personaxe en Sonic Boom está inspirado cas habilidades e a personalidade de cada personaxe, mantendo os elementos básicos da marca de Sonic. Os ricos mundos da serie de televisión e o videoxogo compartirán narrativa e un bo número de localizacións e semellanzas de estilo, reflectindo a colaboración entre os profesionais involucrados en cada un destes produtos.
Está previsto que a serie de televisión Sonic Boom comece a emitirse despois d o verán nos EE.UU., cunha primeira tempada de 52 episodios de 11 minutos dos que o videoxogo homónimo será unha precuela, co que evitan os molestos spoilers. O xogo fará uso dos elementos habituais na franquía, á vez que aproveitarán as características técnicas das consolas para as que vai lanzarse.


Trailer de presentación de Sonic Boom

PUBLICIDADE