A intelixencia de negocio centra un novo curso do Concello da Coruña

mércores, 22 de abril do 2026 S. P.

O Departamento de Promoción Económica do Concello da Coruña organiza un programa formativo en intelixencia de negocio. Será de balde e as inscricións están abertas ata completar a capacidade.
Porase o foco na Intelixencia de Negocio ou Business Inteligence (BI), que é, segundo informou o Concello, “un conxunto de ferramentas, tecnoloxía e procesos, encamiñados a converter os datos en información e a información en coñecemento, para a toma de decisións”.
O curso achegarase con formato de programa integral e progresivo cunha estrutura modular que permite facer cada uns dous módulos de maneira independente.
O perfil das persoas destinatarias será (para o módulo 1) persoas que detectaron que o seu sistema de información non lle permite responder no momento preciso e da forma adecuada ás cuestións que incumben ao desempeño da súa actividade. Para os restantes módulos o curso vai dirixido sobre todo a persoas cun dominio intermedio de Excel e de Power BI.
Requírese dispoñer dun portátil con Excel instalado.
As sesións desenvolveranse no CME Accede Papagaio (Praza Papagaio S/n) e comezarán o 5 de maio cunha introdución á Intelixencia do Negocio.