A historia do clan Mishima péchase en Tekken 7
venres, 2 de xuño do 2017
Por
fin sae á venda o xogo de loita Tekken 7 para
Xbox One, PlayStation
4 e PC, que
pode considerarse como o peche da súa trama, xa que conta cun modo historia no
que se narra o épico final do clan Mishima, dando conta dos motivos de cada un
dos pasos da súa batalla interminable.
O xogo desenvolveuse con Unreal Engine 4, e ofrece batallas espectaculares con
cinemáticas narrativas e intensos enfrontamentos nos que non faltarán novas
mecánicas de loita e, aÃnda que non sexa a mellor entrega da saga, os seareiros
da mesma achegaranse para desentrañar os misterios e as motivacións que desencadearon
os sucesos que puidemos seguir durante máis de dúas décadas.
AÃnda que os xogos de Tekken naceron
nas máquinas recreativas, convertéronse case en sinónimos da marca PlayStation,
aÃnda que nos últimos anos a franquÃa evolucionou para converterse en multi-plataforma,
de xeito que agora Tekken 7 é un xogo ao alcance dunha
grande masa de usuarios, converténdose na serie de xogos de loita en 3D de
referencia. As versións de consola saen a un prezo de 69,99 euros, destacando a
edición de PlayStation 4 por contar con contido para PlayStation VR; a versión
para PC parte dun prezo máis axustado (49,99 euros). Por 24,99 euros será
posible facerse cun pase de tempada que ampliará a viaxe do loitador de Tekken 7 e abrirá o acceso a contidos
descargables a prezo reducido.
Tráiler de lanzamento de Tekken 7