A gravadora Zoom H2n integra 5 micrófonos
martes, 12 de xullo do 2011
As gravadoras Zoom veñen de dar un importante salto cara adiante coa nova
H2n, que integra cinco micrófonos con calidade de estudio, o que facilita
multitude de modos de gravación (4 canles, 2 canles, estéreo de 90 graos e MS
estéreo, ou sexa, que permitirÃa recoller o son fronte ao micrófono cunha
apertura axustable de entre 30 e 150 graos). A gravadora
Zoom H2n conta cunha pantalla LCD de 1,8 polgadas, un altofalante e unha
roda de control de ganancia; funciona ata 20 horas seguidas con 2 pilas AA,
grava (tanto en WAV como en MP3) en tarxetas SDHC de ata 32 Gb, ten
conectividade USB 2.0 para facilitar a copia dos ficheiros gravados ao
ordenador (ou para utilizar o dispositivo como un micrófono USB), conta con
entrada e saÃda de liña e toma para un mando a distancia por cable (incluÃndo
nun paquete de accesorios no que tamén hai un mini-trÃpode, un paraventos, unha
funda de transporte e distintos cables).
Entre as funcións desta gravadora está a aplicación de filtros de paso baixo,
compresor/limitador, ganancia automática, metrónomo, división de ficheiros e
normalización de volume entre outras. Tamén conta cunha función de recuperación
de datos para evitar erros de gravación inesperados.
Véndese con 2 pilas AA, unha tarxeta de memoria de 2 Gb e a aplicación
informática Steinberg WaveLab LE 7.