A franquÃa Battlefield orientarase á guerra urbana
mércores, 28 de maio do 2014
Tras a
filtración na Internet dun vÃdeo do novo videoxogo da franquÃa Battlefiled dende Electronic Arts e
Visceral Games saÃron á palestra e confirmaron que o vindeiro outono lanzarán o
xogo Battlefield Hardline, que
presentarán oficialmente o vindeiro 9 de xuño no marco da feira E3.
Este novo xogo supón un importante xiro neste tipo de xogo, pois salta das
zonas de guerra tradicionais á guerra do crime e aos enfrontamentos entre
policÃas e criminais, procurando construÃr un modo campaña sólido, aÃnda
que a súa fortaleza estarÃa, como vén a ser habitual nesta saga, no seu modo
multi-xogador. Este tÃtulo en desenvolvemento pode lembrar á saga Payday, pero ao ser responsabilidade da xente
que está detrás de Battlefield, é de
agardar que acheguen unha experiencia de xogo moito máis completa, da que
saberemos máis en poucos dÃas (aÃnda que o vÃdeo filtrado do xogo xa estrague
moitas das sorpresas que EA reservaba para o E3).
Trailer filtrado do xogo