A finais de ano sairá un novo xogo de naves para Dreamcast
martes, 29 de xaneiro do 2013
- Primeira imaxe de The Ghost Blade
AÃnda que a produción da consola Dreamcast de SEGA cesou hai
12 anos, non son poucos os que se resisten a deixala morrer, e ao igual que o
pasado verán o desenvolvemento do xogo REDUX:
Dark Matters para esta consola conseguiu financiamento
a través de Kickstarter, a xente de Hucast Games continúa a dar
guerra e anuncia agora un novo xogo de naves, The
Ghost Blade, que estreará versión para
Dreamcast a finais de ano (á vez que confirman que REDUX verá a luz en breve).
O novo tÃtulo para Dreamcast ofrecerá 3 modos de xogos (Stage Mode, Caravan
Mode e Time Attack), 3 naves para elixir, taboleiros de puntuación en liña e
incluso selección de orientación de pantalla (pode optarse por un formato 4:3
ou 3:4, para adaptarse aos gustos dos nostálxicos deste tipo de xogos en
máquinas recreativas).