A feira de videoxogos E3 será virtual este ano

martes, 9 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

JPEG - 125.2 KB
A última edición presencial da feira E3 foi en 2019

Aínda que algúns eventos anuais non se posicionaron publicamente sobre a súa estratexia para o presente ano, aseguran que a Entertainment Software Association (ESA) xa decidiu que a vindeira edición da Electronic Entertainment Expo (E3) non se celebrará fisicamente en Los Angeles, senón que están a traballar nunha edición totalmente dixital que tería lugar entre os días 15 e 17 de xuño, contando tamén cunha sesión previa na noite do 14 de xuño.
A intención da ESA é organizar un calendario de presentacións por streaming, na liña das que tiñan lugar cando a feira celebrábase presencialmente, contando tamén cunha entrega de premios, compaxinando estas retransmisións coa disposición ao público de demostracións dos vindeiros xogos, trasladando así á Rede o espírito do E3.
Ante este escenario son moitas as incógnitas, xa que non hai auténticos incentivos para que os editores participen nun evento en liña de terceiros, cando durante o último ano tiveron éxito organizando presentacións pola súa conta, e probablemente só serían os pequenos editores os que poderían beneficiarse da celebración dun E3 virtual.

PUBLICIDADE