A familia de móbiles Xperia medra no Xapón
mércores, 9 de maio do 2012- O Xperia SX só pesa 95 gramos
Sony Mobile
Communictions presentou hoxe 2 novos móbiles con Android 4.0 da familia Xperia
deseñados para o mercado xaponés, o
Xperia GX e o Xperia SX, que buscan achegar unha boa velocidade de acceso á
Rede (conta con LTE de ata 75 Mbps) e permitir gozar dunha experiencia de uso
multi pantalla mediante a compartición de contidos.
Estes novos smartphones contan con procesador de
dobre núcleo a 1,5 GHz, pantallas de alta calidade (grazas á tecnoloxÃa Mobile
BRAVIA Engine), soporte de vÃdeo de alta definición e a posibilidade de amosar
os seus contidos en pantalla grande a través de DLNA ou HDMI.
O Sony Xperia GX chega cunha impresionante pantalla de 4,6 polgadas de alta
definición, 16 Gb de almacenamento interno e cámara de 13 MpÃxeles con
gravación de vÃdeo a 1.080p e a posibilidade de capturar imaxes panorámicas en
3D; mentres que o Sony Xperia SX opta por unha pantalla de 3,7 polgadas
(redución de tamaño que fai que só pese 95 gramos), 8 Gb de capacidade interna,
cámara de 8 MpÃxeles con gravación de vÃdeo en alta definición e imaxes
panorámicas en 3D, e caracterÃsticas especÃficas para o mercado nipón como porto
de infravermellos, moedeiro electrónico e televisión móbil. Ambos estarán
dispoñibles dende o verán en branco e negro.
- O Xperia GX conta cunha pantalla de 4,6 polgadas