A expansión de Horizon Zero Dawn verá a luz o 7 de novembro

luns, 7 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Curiosamente nun momento no que o xogo Horizon Zero Dawn está de oferta a un prezo de 33,99 euros na PS Store, un dos exclusivos de PlayStation 4 máis salientables de todo o ano anuncia a súa expansión, The Frozen Wilds, que escribirá un novo capítulo da viaxe de Aloy, incluíndo unha nova área que explorar, con novos misterios que desenmarañar e novas armas letais ás que enfrontarse, e da que por fin sabemos a súa data de lanzamento: o 7 de novembro.
Aínda que polo momento sábese pouco do que achegará esta expansión do que podemos considerar case como a sorpresa do ano (pese a estarmos ante unha superprodución), na PlayStation Store xa ofrecen o xogo para a súa compra anticipada, podendo beneficiarse os subscritores de PlayStation Plus dun desconto do 10%, ou sexa, que poderán adquirir o xogo a 17,99 euros até a súa posta á venda oficial.

Vídeo no que anuncian a data de lanzamento de The Frozen Wilds

PUBLICIDADE