A demo de Halo Wars bate records de descargas

venres, 13 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

A pasada semana saíu a demo de Halo Wars, e hoxe dende Microsoft anuncian que o xogo superou en só 5 días os 2 millóns de descargas, converténdose no xogo máis descargado nun único día, e dando a entender que o seu lanzamento o vindeiro día 27 vai ser todo un éxito, aínda que tamén hai que ter en conta que o servizo Xbox LIVE está a vivir o seu mellor momento da historia, con máis de 17 millóns de usuarios, máis de 1 millón de membros facendo uso do servizo de streaming de vídeo en Netflix e un crecemento interanual de vendas da Xbox 360 do 33%, polo que incluso poderiamos asegurar que nos vindeiros meses continuarán a racharse coas marcas anteriores ante o incremento do éxito da consola de Microsoft e os seus servizos en liña.

PUBLICIDADE