A crítica eloxia a Soul Calibur IV

xoves, 31 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Esta semana chega ás tendas o xogo Soul Calibur IV para Xbox 360 e PS3, e deixando a un lado o feito de que neste xogo de loita parecen 3 personaxes de Star Wars, a crítica parece estar encantada con esta entrega da saga que iniciara Soul Edge para recreativas (e que para moitos é o mellor xogo de loita en 3D de todos os tempos).
Analizando cómo perciben distintos medios o novo xogo podemos ver como acada unha nota de 9 sobre 10, mentres que publicacións coma 1Up chegan a darlle un 10, polo que parece que o xogo non decepciona en absoluto, presentando unha xogabilidade á altura das anteriores entregas. Tamén destacan as posibilidade de xogo en liña e a personalización dos loitadores e, dende UGO non dubidan en asegurar que estamos ante a mellor entrega da saga.
Queda por comprobar agora se a calidade do xogo será capaz de facer esquecer aos xogadores a posibilidade de manexar a personaxes coma o mestre Ioda ou Darth Vader, en favor dos clásicos da saga ou de loitadores creados por eles mesmos.

Video-repaso das novidades que incorpora Soul Calibur IV

PUBLICIDADE