A consola virtual da Wii incorpora xogos de Commodore 64

venres, 22 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

International Karate para Commodore 64

A consola Nintendo Wii permite na súa consola virtual redescubrir a xogos de vellas plataformas como as antigas consolas domésticas de Nintendo (NES, SNES e N64), a Sega Megadrive, a PC Engine ou as máquinas recreativas baseadas en Neo-Geo, e agora incorpora a esta oferta de xogos ó ordenador de 8 bits Commodore 64.
Os primeiros títulos de C64 que chegan á Wii son os clásicos International Karate e Uridium, un xogo de loita e un xogo de naves respectivamente, que foron especialmente importantes na historia dos videoxogos na segunda metade da década dos 80 e que se poden adquirir agora por 500 puntos Wii.
En YouTube podemos ver vídeos nos que se rememoran ambos títulos:


International Karate


Uridium


Van Damme xogando ó Karate Champ en Contacto Sangriento

Amais, podemos destacar que o xogo International Karate contaba con versión de recreativa (Karate Champ) e para distintas plataformas, quedando na memoria de moitos grazas á película Contacto Sangriento, na que Jean Claude Van Damme botaba unha partida á devandita recreativa, que sorprendía por empregar dúas pancas de xogo cada xogador.

PUBLICIDADE