A colección PlayStation Hits medrará en novembro
xoves, 25 de outubro do 2018
Para
que os usuarios de PlayStation 4 poidan gozar de todos eses xogos que moitos
consideran imprescindibles existe
unha colección de tÃtulos que poden considerarse clásicos modernos, que ofértanse
a un prezo popular. Estes chamados PlayStation
Hits véndense a un prezo oficial de 19,99 euros (e incluso benefÃcianse de
ofertas puntuais) e súa selección de 23 xogos vai
medrar en novembro, incorporando Until
Dawn, Uncharted Nathan Drake
Collection, Metal Gear Solid V: The
Definitive Experience, One Piece
Pirate Warriors 3 e Naruto Shippuden:
Ultimate Ninja Storm 4.
Até o momento, a colección de PlayStation Hits estaba composta por Bloodborne, Driveclub, inFAMOUS Second Son,
Killzone Shadow Fall, The Last of Us Remastered, LittleBigPlanet 3, Ratchet
& Clank, Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón, Need For Speed, Need For Speed
Rivals, EA Sports UFC 2, Yakuza Zero, Earth Defense 4.1: The Shadow of New
Despair, Project CARS, Dragon Ball Xenoverse, Dynasty Warriors 8: Xtreme
Legends Complete Edition, Watch_Dogs, Assassin’s Creed IV Black Flag, Rayman
Legends, Mortal Kombat X, Batman Arkham Knight, Tierra Media: Sombras de Mordor
e Street Fighter V.