A canle de descarga de xogos para Wii chegará ó Xapón a finais de mes

martes, 11 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A Nintendo Wii inaugurará o vindeiro día 25 no Xapón unha canle de descargas que se chamará WiiWare e que completará a oferta da Consola Virtual, pero sen limitarse a adaptacións de xogos clásicos doutras plataformas, senón que servirá para achegar novos xogos feitos directamente para a Wii.
Os xogos venderanse a prezos que van dende os 500 ós 1.000 Wiipoints e os primeiros títulos en incorporarse a esta plataforma serán Okiraku Ping-Pong Wii, Word Puzzle Mojipittan Wii, Sakusaku Animal Panic, Star Soldier R, My Life As A King: Final Fantasy Crystal Chronicles, Angel’s Solitaire, Dr. Mario & Bacillus Extermination, Everybody’s Pokemon Ranch e Lonpos.
O lanzamento de WiiWare para EE.UU. será e maio, e aínda non coñecemos a data na que chegará a Europa baixo a marca Wii Software.

PUBLICIDADE