A cámara Samsung NX300M incorpora unha pantalla abatible 180 graos

luns, 7 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Samsung está a renovar a súa cámara sen espello NX300 engadíndolle o sufixo M, detalle que servirá para diferenciar unha nova prestación incorporada á cámara: unha pantalla AMOLED de 3,31 polgadas que pode abaterse ata 180 graos (cando a pantalla do modelo anterior só podía facelo 90 graos). A Samsung NX300M tamén está equipada cun sensor APS-C CMOS de 20,3 Mpíxeles, sistema de enfoque automático híbrido, motor de imaxes DRIMe IV, soporte de imaxes RAW, gravacións de vídeo Full HD, NFC e Wi-Fi de dobre banda (facilitando a compartición de imaxes con outros dispositivos).
Esta nova cámara poderá adquirirse en cor branca, negra ou marro xunto cun obxectivo de 18-55 mm. por 899.000 wons (618 euros) a partir do 30 de novembro. Sorprende ver como unha cámara deste tipo adapta o seu formato para facilitar a realización de auto-fotos, cando o normal é atopar ese tipo de prestacións en cámaras máis compactas ou incluso teléfonos móbiles.

A pantalla da cámara pode abaterse ata 180 graos
A Samsung NX300M venderase con acabados en branco, negro ou branco

PUBLICIDADE