A caixa Asus XG Station Pro permite conectar tarxetas gráficas a portátiles por Thunderbolt 3
xoves, 4 de xaneiro do 2018
Para
poder gozar de grande potencia gráfica para usos profesionais ou para xogar, en
ordenadores portátiles existe dende hai anos a posibilidade de empregar
tarxetas gráficas externas, e para facer iso Asus
presenta a súa nova XG Station Pro, unha caixa con acabados e prestacións
profesionais que permite introducir no seu interior unha gráfica de alta gama
que conectar por Thunderbolt 3 a numerosos portátiles como os ZenBook ou os
MacBook, permitindo asà que poidan empregarse para edición de vÃdeo, modelado
en 3D ou CAD.
Até hai pouco era reducido o número de portátiles que permitÃn o uso de
gráficas externas, xa que dependÃase de conectores bastante exóticos, pero agora
que está dispoñible a conectividade Thunderbolt 3 cun largo de banda de 40 Gbps
e soporte nativo de PCI Express a cousa ábrese a moitos máis equipos que
agradecerán a chegada ao mercado de accesorios como a Asus XG Station Pro, que
conta cun chasis de aluminio con paneis superior e lateral extraÃbles para
facilitar a instalación dunha gráfica nVIDIA GeForce GTX 1070 Ti, 1080 Ti ou
Radeon RX Vega 56/64, asà como de gráficas mÃas modestas (GeForce GTX900 e
Radeon R9).
Esta caixa conta cunha alimentación de 330 watts para poder sustentar ás
gráficas máis potentes, á vez que tamén conta con numerosos sistemas de
refrixeración que buscan maximizar a expulsión de calor á vez que manteñen ao
mÃnimo o nivel de ruÃdo empregando elementos pasivos onde é posible e colocando
as fontes de maior calor nas partes máis externas.
O seu interior mantén os cables organizados e incluso integra unha branca suave
que pode personalizarse mediante software (para que o usuario elixa a cor que
mellor acaia ao seu espazo). Na parte traseira tamén inclúe un conector USB 3.1
de tipo C que pode entregar até 15 watts de corrente.
Este produto sairá á venda este mes a un prezo de 329 dólares, e actualmente
funciona con gráficas AMD e nVIDIA baixo Windows 10 e gráficas AMD Vega en
macOS.