A cadea de tendas GAME está oficialmente en venda

luns, 12 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A vaga de novas sobre o futuro da cadea de tendas de videoxogos líder en España, GAME, retomou a forza nos últimos días, principalmente polas informacións publicadas nas páxinas do xornal británico The Sunday Times, nas que sosteñen que a compañía está a buscar comprador, e que incluso está a esforzarse (con importantes descontos, o que nótase especialmente no feito de que algúns xogos estean máis baratos novos que usados) para conseguir efectivo para poder facer fronte aos alugueiros dos seus establecementos no Reino Unido (o país no que a compañía está a pasar apuros), para o que terían só un par de semanas.
Continúan os rumores de que a cadea norteamericana GameStop poderá facerse cos establecementos españois e portugueses de GAME, o que non foi confirmado; pero do que non hai dúbida é de que a cotización bolsista da compañía está a derrubarse, pois aínda que o venres as accións pecharon a 3,51 libras, durante a xornada de hoxe chegaron a venderse por 0,50 libras, extraordinariamente lonxe das 296,75 libras ás que chegaron a venderse as acción en 2008.

Mass Effect 3 arrinca con éxito no Reino Unido

Aínda que as tendas de GAME están consideradas como un dos principais provedores de videoxogos para moitos consumidores, a súa crítica situación está a deixar claro que non son imprescindibles, pois aínda que as súas dificultades impedíronlle aprovisionar copias de grandes xogos como Mass Effect 3, Street Fighter x Tekken, Mario Party 9... pero iso non impediu que no seu lanzametno Mass Effect 3 conseguise converterse na estrea máis importante no que vai de ano. Confírmase así a tese de John Riccitiello, de Electronic Arts, quen aseguraba que estar certo de que “se un consumidor quere mercar Mass Effect, Madden, FIFA ou o que sexa, se un particular provedor non o ten, outros provedores absorberán o negocio”. Que Mass Effect 3 non fose a estar dispoñible nas tendas británicas de GAME podería ter reducido ás vendas en 20.000 unidades, o que parece que finalmente non aconteceu, e establecementos como GameStop, Best Buy, Amazon e outros puideron atender a demanda dos consumidores deste título.

PUBLICIDADE