A beta de Fortnite para Android por fin está en aberto

xoves, 11 de outubro do 2018 Marcus Fernández

O lanzamento da beta de Fortnite para Android desesperou a moitos usuarios, xa que estaba limitada a un reducido número de terminais e precisaba de convite, pero finalmente Epic Games converteu a beta en pública, ou sexa, que xa pode descargala e gozar do xogo calquera usuario dun smartphone compatible.
A descarga do xogo para dispositivos con Android pode realizarse dun xeito doado, pero dende fóra da tenda de aplicacións de Google, xa que Epic Games non quere compartir os ingresos dos contidos que poden mercarse dentro do xogo con Google, de aí que opten por distribuír o seu grande éxito pola súa conta.
Iso si, o xogo precisa de bastante potencia, de aí que o número de dispositivos certificados para unha boa experiencia de xogo é aínda bastante limitado, comezando polos smartphones insignia de Samsung a partires do Galaxy S7, a familia Pixel de Google, os Xiaomi de alta gama (a partires do Mi 5) e outras marcas. De xeito xeral o xogo funcionaría en móbiles que como mínimo teñan un procesador de 64 bits, 3 GB de RAM, gráfica Adreno 530 ou Mali-G71 e Android 8.0, estando garantido que funcione nos seguintes dispositivos:
· Samsung Galaxy: S7 / S7 Edge, S8 / S8+, S9 / S9+, Note 8, Note 9, Tab S3, Tab S4
· Google: Pixel / Pixel XL, Pixel 2 / Pixel 2 XL
· Asus: ROG Phone, Zenfone 4 Pro, 5Z, V
· Essential: PH-1
· Huawei: Honor 10, Honor Play, Mate 10 / Pro, Mate RS, Nova 3, P20 / Pro, V10
· LG: G5, G6, G7 ThinQ, V20, V30 / V30+
· Nokia: 8
· OnePlus: 5 / 5T, 6
· Razer: Phone
· Xiaomi: Blackshark, Mi 5 / 5S / 5S Plus, 6 / 6 Plus, Mi 8 / 8 Explorer / 8SE, Mi Mix, Mi Mix 2, Mi Mix 2S, Mi Note 2
· ZTE: Axon 7 / 7s, Axon M, Nubia / Z17 / Z17s, Nubia Z11
· HTC: 10, U Ultra, U11/ U11+, U12+
· Lenovo: Moto Z/Z Droid, Moto Z2 Force
· Sony: Xperia XZ/Premium, Xzs, XZ1/Compact, XZ2/Premium/Compact, XZ3

PUBLICIDADE