A aplicación de Xbox para Windows 10 xa permite gozar do xogo na nube
luns, 9 de agosto do 2021
O servizo de Cloud Gaming de Xbox, lanzado inicialmente para
dispositivos Android e levado logo a navegadores web para ampliar o seu
alcance, estrea hoxe a posibilidade de que os
participantes no programa Insider poidan gozar dos xogos en streaming
directamente dende a aplicación de Xbox para Windows 10, co que conséguese
un mellor rendemento que vÃa web.
Os subscritores de Xbox Game Pass Ultimate poden asà acceder a un completo
catálogo de xogos que, aparte de poder instalarse na súa consola Xbox, poden
xogarse directamente dende o ordenador (e outros dispositivos) de contar cunha
boa conexión á Rede.
Esta modalidade de xogo na nube non só abre os xogos a
dispositivos diferentes a consolas, senón que tamén resulta moi práctica ao
contar con tempos de carga reducidos e non precisar de tempos de instalación e
actualización, de xeito que a experiencia de xogo é practicamente instantánea,
algo que se agradece nun momento no que os xogos chegan a ocupar ducias de GB
polo que a súa descarga e instalación pode resultar un proceso demasiado pesado
cando simplemente se desexa probar un tÃtulo ou botar unha partida ocasional.
Para poder gozar dos xogos en streaming a través da aplicación de Xbox temos
que contar cun mando compatible (USB ou Bluetooth) e polo momento limÃtase aos usuarios inscritos
no programa de Insiders para poder probar a fondo este novo xeito de gozar dos
xogos na nube antes do seu lanzamento xeral a todos os usuarios.
Novos xogos en Xbox Game Pass
Estes dÃas tamén están a ampliar o catálogo de xogos para os subscritores do Game Pass, e o pasado dÃa 5 puidemos recibir Curse of the Dead Gods, Dodgeball Academia, Katamari Damacy Reroll, Lumines Remastered, Skate, Skate 3 e Starmancer; o dÃa 12 chegará Art of Rally; o dÃa 13 será o momento do agardado Hades e, finalmente, o 17 de agosto poderase gozar en PC de Microsoft Solitaire Collection: Premium Edition.ñ>