A aplicación de Xbox para Android permitirá comprar e gozar de xogos
venres, 11 de outubro do 2024
Google terá que abrir a súa tenda de aplicacións para Android á competencia tras unha resolución xudicial, e como consecuencia a estes cambios temos un importante anuncio da presidenta de Xbox, Sarah Bond, quen asegura que a partir de novembro teñen previsto que a aplicación de Xbox para Android permita tanto adquirir como xogar aos tÃtulos de Xbox.
Estamos ante un anuncio moi importante, xa que deixarÃa claras as posibilidades que abrirÃan as novas condicións da tenda de aplicacións de Google para Android nos EE.UU., facilitando que as aplicacións móbiles sexan tan libres como as páxinas web á hora de realizar compras e gozar dos xogos en streaming.
Polo momento estamos ante unhas declaracións dunha directiva de Xbox, aÃnda que parece bastante probable que o comunicado oficial non se realice até o comezo de novembro, cando se supón que Google realizarÃa os cambios na súa tenda de aplicacións (agás que se atendan as moratorias que solicitou a compañÃa).