A aceleradora BFAero escolle 28 proxectos finalistas

xoves, 26 de novembro do 2020 Redacción

A aceleradora do sector aeroespacial Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta de Galicia (GAIN e IGAPE) no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, vén de seleccionar 28 proxectos finalistas de entre as 85 candidaturas que se presentaron á fase de selección da súa terceira convocatoria. Estas 28 propostas vinculadas ao sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados serán defendidas este 27 de decembro e o luns 30 de decembro en entrevistas técnicas e un pitch online ante o comité executivo.
O martes 1 de decembro daranse a coñecer os sete proxectos que finalmente entrarán nesta terceira edición da aceleradora, tres deles en fase de incubación e catro en aceleración.
Segundo informan GAIN e o IGAPE, Galicia é a Comunidade que máis proxectos achega nesta fase final, con dez (catro da provincia de Pontevedra, tres da Coruña e tres de Lugo). Os restantes proceden de Madrid (7), Cataluña (3), Comunidade Valenciana (3), Castela e León (2), Asturias, Euskadi e Aragón, cunha candidatura cada unha.
No referente ao tipo de programa ao que optan, a metade, 14, aspiran a entrar na fase de incubación e os 14 restantes na de aceleración. En canto ás áreas temáticas dos finalistas, destacan os proxectos relacionados coas tecnoloxías habilitadoras e co tratamento de datos e información, seguidas da automatización, cargas de pago e sistemas, deseño e produción, navegabilidade e fabricación. Tamén hai un proxecto finalista da nova área introducida nesta convocatoria para solucións contra a COVID-19.
Os promotores de BFAero destacan “o alto nivel técnico e calidade” da maioría das 85 candidaturas empresariais presentadas nesta edición, “o que fixo que excedesen o número mínimo de proxectos finalistas establecido nas bases da convocatoria”.
Os proxectos finalistas son os seguintes:
Para a fase de incubación:
• PHARMADRON
• Aerotaxi No tripulado
• Smartdrone
• Uso UAVs para Realidad Aumentada
• SOLARbotix
• VTOL de largo alcance
• DroneSuite
• CAMODrone
• DRONE4SAFE
• SIMULMAP
• SERENA2
• Inteligencia Artificial para el cubicaje forestal
• AT-Link & A14M
Para a fase de aceleración:
• SAQQARAH
• PrimeCor
• DroNDT
• OSSIE UARX Space
• ELECTRICGREEN, The Smart Grid Service Area.
• TRansporte basado en ENjambre de Drones (TREND)
• DIGITALIZACION FOTOVOLTAICA MEDIANTE DRONES
• Plataforma webGIS
• SITRfotovoltaica. Sistema de Inspección en tiempo
• CIES UAV SOLAR
• ATOM
• Diseño y producción de UAV’’s ALA FIJA PLUS
• Aerial Insights
Os dous proxectos máis apoiados na votación popular foron:
• UAV 5G (Incubación)
• Aerocovid (Aceleración)

PUBLICIDADE