A Xunta impulsa 32 cursos gratuÃtos en liña para mellorar competencias dixitais e profesionais
mércores, 20 de maio do 2026
A Xunta de Galicia mantén aberta unha nova convocatoria de formación gratuÃta dirixida a traballadores por conta allea e autónomos da comunidade, cun total de 32 cursos en diferentes áreas profesionais orientadas á mellora da empregabilidade e á actualización de competencias.
As accións formativas desenvólvense en modalidade en liña e sen horarios fixos, permitindo compatibilizar a aprendizaxe coa actividade laboral e persoal. Ademais, algunhas formacións dispoñen tamén de prazas limitadas para persoas desempregadas de Galicia.
A oferta está 100 % subvencionada pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e o Ministerio de Traballo e EconomÃa Social. Trátase de formación non bonificada, polo que non consume créditos de formación nin require xestións por parte das empresas.
Entre as áreas con maior demanda destacan a intelixencia artificial, as competencias dixitais avanzadas, o comercio electrónico e a xestión de proxectos. Entre os cursos máis destacados figuran accións formativas de ChatGPT e intelixencia artificial, de competencias dixitais avanzadas, de negocios en liña e comercio electrónico e de xestión integrada de proxectos.
A programación complétase con formación relacionada cos ámbitos administrativo, sanitario, educativo, loxÃstico, fiscal, enerxético e creativo, asà como con tÃtulos oficiais vinculados á formación profesional para o emprego e ao ámbito administrativo.
Segundo datos da Rede CeMIT, máis de 119.000 persoas participaron xa en accións gratuÃtas de capacitación dixital en Galicia, reflexo do crecente interese pola actualización profesional nun contexto marcado pola transformación tecnolóxica.
O prazo de inscrición permanece aberto ata completar prazas.
As persoas interesadas poden consultar toda a oferta formativa e solicitar praza a través da web de Femxa Galicia.
