A Xunta aforrará un 37% no pago de licenzas de software a Microsoft

venres, 30 de abril do 2010 Redacción

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica unificará os contratos con Microsoft da Xunta de Galicia, o que suporá un aforro do 37% no pagamento de licenzas de software e permitirá reducir un 18% os prezos fronte á situación anterior na que cada consellería realizaba concursos por separado, segundo recolle o anuncio previo publicado hoxe no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). A contratación destas licenzas realizarase mediante concurso público.
Na actualidade a Xunta de Galicia suma 10,5 millóns de euros en 3 anos en múltiples contratos, que tras a reestruturación anunciada quedarán en 4,6 millóns de euros no mesmo tempo. De todos os xeitos, eta non será a única liña de aforro económico no tocante ás aplicacións informáticas, senón que a Administración galega tamén potencia o uso de ferramentas ofimáticas de software libre, reducindo considerablemente o número de licenzas do suite Microsoft Office.

PUBLICIDADE