A Xunta aborda co CPEIG a importancia dos peritos informáticos no ámbito da Xustiza
mércores, 6 de novembro do 2024
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, abordou co presidente do Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, e con Pilar Vila, vogal da xunta de goberno do organismo, as opcións de colaboración dos profesionais deste ámbito na Administración de Xustiza.
Neste sentido, tratouse a posibilidade de avanzar na formación inicial e continua e a participación activa en foros de cooperación policial, en especial no que se refire ás periciais xudiciais e a análise das probas nos delitos informáticos, tendo en conta precisamente o auxe da cibercriminalidade a nivel nacional nos últimos anos.
Do mesmo xeito, no encontro incidiuse na necesidade de que a Administración de Xustiza conte co apoio de peritos informáticos que poidan descifrar datos que poidan contribuÃr á resolución de determinados procedementos.