A Xbox Series X estrearase con milleiros de xogos retrocompatibles
venres, 29 de maio do 2020
A
cancelación da feira E3 levou a que os fabricantes de consolas non se visen
forzados a presentar as principais novidades das súas consolas de nova xeración
de vez, e asà poden ir dosificando a información e incrementando a expectación
de cara ao lanzamento das novas máquinas na campaña de Nadal. No caso de
Microsoft, aÃnda que non está previsto que amosen os grandes xogos da Xbox
Series X até o mes de xuño, queren salientar que estaremos ante a consola máis
compatible de todos os tempos, cunha grande
aposta pola retrocompatibilidade, que botará a andar con milleiros de xogos
que poderán xogarse mellor que nunca, xa que poderán tirar proveito de funcións
como a nova técnica de reconstrución HDR e Quick Resume (para poder continuar
as partidas sen grandes esperas).
No caso da Xbox One a retrocompatibilidade foi evolucionando progresivamente,
cun catálogo de xogos que foi medrando con bastante calma (até superar os 500
xogos de Xbox 360), pero coa nova consola o catálogo de xogos compatibles de
anteriores consolas será inmenso dende o primeiro dÃa. Dende Microsoft aseguran
que a Xbox Series X estrearase con milleiros de xogos compatibles, buscando asÃ
que o salto de xeración poida realizarse sen traumas, xa que permitirÃa manter
a colección de xogos actuais, e boa parte dos xogos anteriores ofrecerÃan unha
experiencia moi superior na nova máquina, reducindo tempos de carga e podendo
presentar gráficos máis detallados e con maior taxa de fotogramas por segundo,
todo iso a nivel de plataforma, ou sexa, que os desenvolvedores dos xogos non
terán que destinar recursos para levar os seus vellos xogos á nova consola.