A Xbox One recibe a actualización de novembro e as rebaixas de Black Friday

xoves, 15 de novembro do 2018 Marcus Fernández

A Xbox One está a vivir xornadas de grandes novidades xa que, á vez que recibe unha actualización do software de sistema que incorpora o soporte de teclado e rato, inicia as rebaixas do Black Friday para os subscritores de Xbox LIVE Gold.
A actualización de novembro de Xbox One é especialmente importante por incluír a posibilidade de que os xogos que decidan os seus propios desenvolvedores poidan manexarse con rato e teclado como se fai habitualmente en ordenadores persoais, o que pode ser unha medida moi importante de cara a captar a xogadores de PC á consola e, moi concretamente a Xbox One X, xa que para moitos pode ser unha opción relativamente económica para gozar dos últimos xogos en ultra alta definición conservando o seu sistema de control tradicional.
Os primeiros xogos que permitirán xogar con teclado e rato serán Fortnite e Warframe dende xa, aos que sumaranse Bomber Crew, Deep Rock Galactic, Strange Brigade, Vermintide 2, War Thunder e X-Morph Defens ao longo do mes e Children of Morta, DayZ, Minion Master, Moonlighter, Vigor, Warface e Wargroove máis adiante.
Con esta novidade no punto de mira Razer tamén anunciou que vai pór á venda teclados e ratos Designed for Xbox, que ofrecerán unha experiencia de gaming optimizada.
No que se refire ás rebaixas do Black Friday, que comezan oficialmente o domingo, temos que os usuarios Gold terán acceso anticipado dende hoxe, podendo así gozar de oportunidades como subscribirse a Xbox LIVE Gold por só 1 euro o primeiro mes e gozar de moitas ofertas en xogos en formato dixital que durarán até o 27 de novembro.
Neste momento, os usuarios Gold poden conseguir, por exemplo, Call of Duty: Black Ops 4 por 48,99 euros, FIFA 19 por 41,99 euros, NBA 2K19 por 41,99 euros, Shadow of the Tomb Raider por 35 euros, PUBG por 17,99 euros, Assassin’s Creed Odyssey por 41,99 euros, Assassin’s Creed Origins de 28 euros, Grand Theft Auto V por 19,49 euros, Rogue Trooper Redux por 7,50 euros, Shenmue I & II por 23,44 euros ou The Disney Afternoon Collection por 5 euros. Unha inmensa selección de ofertas que moitos aproveitarán para poder ampliar a súa colección de xogos de cara ao Nadal.

PUBLICIDADE