A Xbox One pode controlarse co asistente de Google

xoves, 26 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Unha curiosa novidade está a chegar en probas para Xbox One: o asistente de Google. Agora que semella que Microsoft tirou a toalla con Cortana, decidiron ofrecer aos usuarios acceso a outros asistentes de voz, e ao igual que o pasado outono recibiron en Xbox unha skill de Alexa, agora traen as capacidades do asistente de Google a Xbox One, que está activa actualmente para os usuarios en inglés, coa intención de ampliar o soporte de diferentes linguas ao longo do outono.
Co asistente de Google poderemos agora empregar a voz para acender e apagar a consola como se fose un elemento máis da domótica doméstica, lanzar xogos e aplicacións, reproducir e pausar vídeos, controlar o nivel de volume e incluso disparar capturas de pantalla durante as nosas partidas.
Estamos anta unha funcionalidade máis que demostra o pulo que están a ter os asistentes de voz, que no mundo dos videoxogos están aínda pouco presentes, o que pode mudar considerablemente se esta industria dá facilidades a compañías como Google, Amazon ou Apple.

PUBLICIDADE