A Xbox One permite o uso de discos duros externos mediante a súa nova actualización

mércores, 4 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Nas últimas horas Microsoft comezou a distribuír unha nova actualización do software de sistema da Xbox One, incorporando novas funcionalidades moi demandadas polos usuarios, como a posibilidade de ampliar a capacidade interna de almacenamento da consola mediante almacenamento externo, ao que súmanse outras características como un mellor soporte de SmartGlass e a posibilidade de empregar o nome real en Xbox LIVE. Estes cambios tamén afectarán parcialmente á Xbox 360, e estarán dispoñibles para todas as consolas do planeta ao longo desta semana.
Con esta actualización tamén chegan os novos Games with Gold para os usuarios de pagamento de Xbox LIVE, que recibirán a partir de hoxe de balde na Xbox One os xogos Max: The Curse of Brotherhood e Halo: Spartan Assault¸o que supón a estrea deste servizo de xogos na última consola doméstica de Microsoft.


Repaso das novidades que chegan á Xbox One coa súa última actualización

PUBLICIDADE