A Xbox One potencia o seu catálogo de xogos exclusivos
martes, 4 de agosto do 2015
AÃnda que compañÃas como Sony deixaron de lado a feira de
videoxogos de Colonia, Microsoft non só decidiu estar presente estes dÃas na
mesma, senón que incluso reservou moitas novidades para a súa Xbox One que, en
vez de presentalas no E3, amosou esta tarde nunha presentación que deixou claro
que a máquina de Microsoft é a mellor situada para a vindeira campaña de Nadal,
fortalecendo
o mellor catálogo de lanzamentos que tivo nunca unha consola Xbox.
Durante a presentación amosáronse novas imaxes do agardado xogo Quantum Break, que está a consolidarse
como toda unha produción cinematográfica coa intervención de
numerosos actores como Shawn Ashmore, Dominic Monaghan, Aidan Gillen, Lance
Reddick, Marshall Allman e moitos outros. Este tÃtulo de Remedy Entertainment
(estudio detrás de Alan Wake e Max Payne) promete unha experiencia de
xogo moi boa e será todo un reclamo para a consola de Microsoft, xa que será un
tÃtulo exclusivo que finalmente sairá á venda o 5 de abril de 2016.
Quantum Break no seu novo tráiler
Outros xogos exclusivos de Xbox One que se amosaron foron Crackdown 3 (que estreará beta multi-xogador a primeiros do ano que
vén) e Scalebound (que sairá no outono
de 2016). Outros xogos que compartirán a súa exclusividade para Xbox One con
Windows 10 serÃan Halo Wars 2 (tÃtulo
de estratexia baseado na franquÃa de Halo)
e Killer Instinct Season 3.
Microsoft tamén aproveitou a súa presentación para amosar imaxes de xogos
multi-plataforma como Dark Souls III
e Homefront: The Revolution; pero
resultaron moito máis interesantes os anuncios dirixidos a novidades para a
Xbox One que non se limitan a xogos, como por exemplo que a consola vai recibir
a posibilidade de funcionar como gravador de vÃdeo (lembremos que ten un
accesorio para visualizar a TDT a través da consola e que a aplicación para dispositivos móbiles SmartGlass permite ver os contidos televisivos por streaming), puxo data (novembro) para
a incorporación oficial da retrocompatibilidade que permitirá correr na Xbox
One xogos de Xbox 360 (confirmando tamén que os futuros tÃtulos de Games with Gold serán compatibles con
esta funcionalidade, de xeito que os usuarios de Xbox One, en vez de gozar de 2
xogos ao mes, poderÃan xogar aos 4 incluÃdos no servizo); e no mes de novembro
tamén chegará Windows 10 á Xbox One (o que permitirá o uso de aplicacións universais
na consola).
A nivel de hardware tamén anunciouse que o mando da Xbox One contará cun
accesorio, o
Xbox Chatpad, que engadirá un teclado QWERTY á consola, para facilitar a
composición de mensaxes, a entrada de códigos ou a busca de aplicacións,
estando previsto o seu lanzamento no mes de novembro a un prezo de 34,99 euros.
E tamén se anunciaron mandos sen fÃos, a un prezo de 69,99 euros, que serán edicións
limitadas inspiradas en Halo 5.
Para os vindeiros meses tamén se confirma que, aparte de lotes coa Xbox One que
inclúen os xogos Forza Motorsport 6
ou Gears of War: Ultimate Edition,
estarán dispoñibles un par de lotes moi especiais: un de Halo 5: Guardians que sairá o 20 de outubro cunha versión da
consola de 1 TB coa estética do xogo e que terá un prezo de 499 euros; e lotes co xogo FIFA 16 cos modelos de 500 GB e 1 TB
da Xbox One a 369 e 399 euros respectivamente.
VÃdeo coa presentación da nova Xbox One coa estética de Halo 5: Guardians