A Xbox One diferenciará amigos e seguidores
luns, 14 de outubro do 2013
Larry
Hryb, o popular Major Nelson de Xbox LIVE, adiantou
hoxe o que será a aplicación de amigos que incluirá a Xbox One, e que supón
un importante avance na plataforma de xogos en liña de Microsoft para a súa
socialización, de xeito que xa non se limitará a manter relacións entre grupos
de amigos, senón que poderemos seguir outros usuarios, de xeito que teremos
unha rede social na que distinguir á xente coa que queremos relacionarnos
directamente e outra con xente da que nos interesan os seus contidos
(actividade, logros e gravacións en vÃdeo de partidas), contando coas debidas
opcións de privacidade (por exemplo, un usuario pode definir que só os amigos
poidan seguilo).
Inicialmente todos os amigos que teñamos actualmente en Xbox 360 pasarán a
incorporarse como amigos na Xbox One, cun máximo de 1.000, que será á xente coa
que poderemos relacionarnos de xeito efectivo, mentres que non teremos lÃmites
para seguir a outros usuarios, entre os que poden figurar famosos ou grandes
xogadores dos que queremos estar pendentes aÃnda que non compitamos contra eles
ou establezamos conversas cos mesmos.
A nova aplicación de amigos da Xbox One vista en vÃdeo