A Xbox One de 1 TB terá un lote de Nadal con Gears of War: Ultimate Edition e Rare Replay

martes, 29 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Microsoft continúa a preparar novos lotes da súa Xbox One de cara ao Nadal, e tras presentar un bundle coa Xbox One de 1 TB e os xogos Rise of the Tomb Raider e Tomb Raider: Definitive Edition, agora dan conta doutro lote que no seu nome xa inclúe toda unha declaración de intencións, xa que chámase Xbox One 1TB Holiday Bundle.
Estamos claramente ante unha Xbox One de 1TB que busca animar á súa compra incluíndo varios xogos a un prezo que sería o equivalente ao da consola solta (399 dólares nos EE.UU.). Os xogos incluídos son bastante atractivos, xa que, como principal reclamo teñen a Gears of War: Ultimate Edition, impresionante shooter en terceira persoa que completarase con todos os xogos da franquía para Xbox 360 en formato descargable para os usuarios que xoguen ao novo título de Xbox One antes de rematar o presente ano (e que poderán xogarse na nova consola grazas á retrocompatibilidade con Xbox 360 que chegará a One nun par de meses).
Adicionalmente o lote tamén inclúe Rare Replay (recompilación de 30 xogos icónicos de Rare, con títulos tan memorables como Battletoads e Perfect Dark), así como o xogo de plataformas Ori and the Blind Forest. Complétase así un paquete moi atractivo para os usuarios que queiran introducirse na Xbox One, optando directamente polo modelo de consola con maior capacidade de disco duro.

PUBLICIDADE