A Xbox One S estrea edición limitada do Real Madrid

luns, 20 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Microsoft comeza hoxe a distribución dunha edición limitada da súa consola Xbox One S deseñada para seareiros do Real Madrid de fútbol, xa que esta máquina con disco duro 500 GB e reprodutor de discos Blu-ray de 4K permite decorar a súa carcasa de cor branca con vinilos adhesivos cos logotipos do Real Madrid (inclúe dos conxuntos diferentes, un de cor e outro monograma, para que o usuario coloque os que considere máis atractivos).
A Xbox One S do Real Madrid non só ten unha aparencia personalizada, senón que tamén inclúe un mando sen fíos de cor branca (personalizable cos citados vinilos adhesivos) e unha subscrición de 12 meses ao servizo Xbox Game Pass, valorado en máis de 100 euros, e que permite gozar de máis de 100 xogos de Xbox One, Xbox 360 e Xbox orixinal de xeito ilimitado (con grandes títulos como Halo 5: Guardians, BioShock Infinite, ReCore ou Ninja Gaiden Black), así como de descontos en xogos de Xbox One.
Esta consola estará dispoñible para a súa venda até o 31 de xaneiro a un prezo de 279,99 euros, podendo completarse a compra son subscricións a Xbox LIVE Gold ou un segundo mando a prezos reducidos.

Aínda que promocionalmente a Xbox One S do Real Madrid anúnciase con logotipos monocromáticos, é posible colocarlle vinilos adhesivos coa logotipo do club a toda cor

PUBLICIDADE