A Xbox 360 terá un mando sen fíos cun novo deseño
mércores 1 de setembro do 2010, por |
Aínda que na
meirande de xogos (especialmente os shooters)
os controis da Xbox 360 gozan dunha grande ergonomía, cando temos que facer uso
da cruceta dixital a cousa cambia bastante, resultando pouco preciso o D-pad
actual, de aí que dende Microsoft decidiron
redeseñar este elemento dun xeito orixinal: xirando o D-pad 90 graos pode
incrementarse a altura da cruceta, o que fai que os dedos do xogador a perciban
mellor (aínda que continúa a ter unha posición pouco cómoda para os xogos de
loita).
A nivel de cores tamén mudaron os tradicionais botóns de A, B, X e Y, que
pasarán a distintos tons de gris para adaptarse ao deseño na nova Xbox 360 e
deixando de lado as súas tradicionais cores vermella, azul, amarela e verde, o
que posiblemente non agrade a todos os usuarios.
Este
novo mando poderá adquirirse nos EE.U. a partir do 9 de novembro dentro do Kit Carga y Juega por 64,99 dólares, e
aínda non se anunciou nin a data nin o prezo cos que chegará a España.
Vista en detalle do novo mando para a Xbox 360


- Inicialmente o novo mando só estará dispoñible nun Kit Carga y Juega
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















